Rodaxe en Caión para Renault
Rodaxe en Caión para Renault
Estou afincado en Galicia por amor á miña terra pero as ganas de coñecer o noso mundo e ás persoas que o conforman fixeron que a miña experiencia se desenvolvese en gran medida lonxe de aquí, aínda que sempre cun pé na casa.
Desde hai máis de 10 anos, tiven o privilexio de traballar nese mundo invisible pero esencial, dedicándome a capturar e dar forma aos sons que dan vida á publicidade, ao documental, á televisión e ao cinema.
O meu traballo non se limita a un só aspecto do proceso, estou presente desde o momento en que o micrófono recolle as primeiras vibracións ata que os últimos detalles de postproducción atopan o seu lugar na mestura final. Cada proxecto é unha oportunidade para conectar cunha audiencia e axudar a contar unha historia única a través do son. Por iso, esfórzome por coidar cada detalle, tanto na captación do son directo como nas diversas partes da postproducción onde o son é o protagonista.
O mellor son non sempre é o máis forte, senón o que sabe escoitar e adaptarse ás necesidades do proxecto.